A Xunta impulsa un programa de apoio ás salas de cinema galegas cunha dotación de 120.000 euros

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, reuniuse con representantes das salas de exhibición de cinema de titularidade galega para confirmarlles a posta en marcha dun programa de apoio dotado con 120.000 euros e para sentar as bases de futuras colaboracións con este colectivo. O obxectivo é o de contribuír desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a minimizar os efectos da pandemia sanitaria nestes espazos de exhibición, que se están a ver afectados tanto na afluencia de público como na estrea e circulación de películas.

Á xuntanza, na que tamén participou Dolores Meijomín, coordinadora de Política Audiovisual da Agadic, asistiron representantes dos cines Avenida (Caldas de Reis), Códex (Lugo), Dúplex (Ferrol), Los Cantones (A Coruña), Minicines Central (A Estrada), Númax (Santiago de Compostela) e Salesianos (Vigo).
 

Imaxes relacionadas