Gonzalo Trenor destaca o esforzo da Xunta para dotar de material de protección a 47 entidades sociais da cidade da Coruña
O delegado territorial puxo en valor o apoio do Goberno galego a Down Coruña como exemplo da colaboración para avanzar na inclusión de todas as persoas
O novo delegado territorial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, destacou o esforzo que está a realizar o Goberno galego para dotar de material de protección a 47 entidades sociais da cidade da Coruña desde o inicio da crise da covid-19. Fíxoo esta mañá nunha visita á asociación Down Coruña na que coñeceu os programas que ten en marcha.
Gonzalo Trenor puxo en valor o traballo e compromiso da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para achegar todo o material de protección necesario tanto ao Concello da Coruña, como a entidades sociais e a escolas infantís.
En concreto, o representante do Goberno autonómico explicou que 47 entidades recibiron desde o comezo da crise sanitaria un total de 416.740 luvas, 426.556 máscaras, 15.254 traxes de protección e 5.800 botes de xel hidroalcohólico. Salientou estes envíos porque “desde os momentos máis complicados a Xunta garantiu que contasen con equipos de protección para poder atender aos seus usuarios”.
Inserción laboral e promoción da autonomía
Ademais, destacou as axudas que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, outorga a Down Coruña para poder levar a cabo as súas actividades. Recordou que as achegas ascenderon o ano pasado aos 100.000 euros e que permitiron a posta en marcha de programas de inserción laboral e de promoción da autonomía. “Este é un dos mellores exemplos da aposta do Goberno galego por avanzar cara a inclusión de todas as persoas”, indicou.
Por último, o delegado territorial subliñou o importante papel de todas as entidades que traballan cada día para mellorar a calidade de vida de todas as persoas con discapacidade e das súas familias.
Entidades integradas no reparto de material de protección da cidade da Coruña
ENTIDADES |
FUNDACION ADCOR |
XUNTA DE GALICIA |
REAL INSTITUCION BENEFICO SOCIAL PADRE RUBINOS |
ASOCIACION ALBERGUE DE SOR EUSEBIA |
COMITE CIDADAN ANTISIDA DA CORUÑA |
A0 MAYORES S.L. |
VIVIENDAS COMUNITARIAS SANT YAGO SL |
COMUNIDAD LOCAL DA RESIDENCIA SANTA TERESA JORNET DE LA CONGREGACION DE LAS HERMANITAS DE LOS ANCIANOS DESAMPARADOS |
FUNDACION REMANSO |
ASOCIACION PROVINCIAL PENSIONISTAS Y JUBILADOS UDP CORUÑA |
PIA UNION LA OBRA DE LA SEÑORA |
CARITAS DIOCESANA DE SANTIAGO |
INSTITUTO GALEGO DE XESTION PARA O TERCEIRO SECTOR |
ASOCIACION DE VOLUNTARIOS PARA AYUDA AL NECESITADO |
ASOCIACION RENACER |
ASOCIACION ANTONIO NOCHE |
ASOCIACIÓN DE AYUDA Y ATENCIÓN AL PRESO |
ASOCIACION ECOS DO SUR |
CARAMIÑA |
FRAMA CALIDAD, S.L. |
ASOCIACIÓN ASISTENCIAL GALEGA DE SERVIZOS Á DEPENDENCIA |
AFACO |
CENTRO DE DÍA SAN CARLOS |
SERVICIOS ASISTENCIALES RIAZOR, SL |
HOFFMAN HUB GALICIA, S.L. |
FEGADACE |
ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN CORUÑA |
FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA |
ASOCIACIÓN PARA A INCLUSIÓN DE PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL |
CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR |
AGASS |
BARBARA CAYAZZO ROMAY |
APRENDO Y CREZCO SL |
PARRULOSVENTORRILLO S.L. |
APRENDIENDO SL |
VIOPAR ESCUELAS INFANTILES S.L. |
GOLFIÑO SL |
GUARDERIA MATOGRANDE, S.L. |
PSN EDUCACION Y FUTURO S.A. |
DELEGACION PROVINCIAL DE ECONOMIA Y HACIENDA |
ESCUELAS INFANTILES OS PEQUERRECHOS S.L. |
ASOC. APRENDO XOGANDO |
PATRONATO DE LAS ESCUELAS POPULARES GRATUITAS |
FUNDACION HOGAR SANTA MARGARITA |
PIBES S.L. |
CONCELLO DE CORUÑA (A) |
JUNGLE WORLD S.L |