A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro, realiza unha visita institucional a Mondariz

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Emilio Barros, as demandas deste municipio relativas á administración autonómica

Pontevedra, 28 de setembro de 2020

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro Arco, continúa coa rolda de visitas institucionais iniciadas a pasada semana, e hoxe mantivo un encontro co alcalde de Mondariz, Emilio Barros, con quen analizou as principais preocupacións do municipio en relación á actividade da administración autonómica.

Entre os principais temas que se analizaron durante o encontro, atopáronse necesidades de mellora de saneamentos e depuración, en especial, en parroquias do rural, así como para a mellora da calidade das augas do río Tea. Tamén se analizou a seguridade viaria en varias estradas como o propio casco urbano do municipio, a PO-252, a PO-261, ou o cruce de Lougares.

A reforma da casa consistorial foi outro dos temas abordados durante esta visita dada as carencias e os problemas funcionais que presenta.

Emilio Barros agradeceu á nova delegada que a súa visita ao concello e felicitouna polo seu nomeamento, destacando o seu carácter municipalista como anterior alcaldesa de Moraña.
A delegada territorial engadiu que nos próximos días estará a visitar os diferentes concellos das comarcas do Deza, Tabeirós-Terra de Montes, Pontevedra, Salnés, Caldas de Reis, Morrazo, Baixo Miño e Condado-Paradanta, de cara a recoller as necesidades e demandas dos mesmos.

Imaxes relacionadas