A Xunta remata a construción dunha senda peonil na estrada PO-214 ao seu paso polo concello de Pontecesures

A actuación, cun investimento de case 50.000 euros, consistiu na execución dun itinerario pola marxe dereita da vía autonómica separada dos peches das fincas por un bordo de xardín

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar a execución dunha senda peonil na estrada PO-214 ao seu paso polo concello de Pontecesures.

Esta actuación, que supuxo un investimento da Xunta de case 50.000 euros, consistiu na construción dunha senda peonil na marxe dereita desta vía autonómica, entre os puntos quilométricos 0+650 e 0+860.

O itinerario, cun ancho de 1,80 metros e elevado 10 centímetros sobre a calzada, dispón de pavimento de formigón reforzado con mallazo.

Na parte que linda cos peches das fincas colocouse un bordo de xardín para separar a senda e conter o recheo, a excepción do tramo situado entre os puntos quilométricos 0+757 e 0+860.

Entre o bordo que delimita a senda e a propia calzada executouse unha pequena beiravía de formigón.

A nova senda facilitará a mobilidade dos peóns en condicións máis seguras e sustentables, pois ata agora este tramo non contaba con zona de circulación independente do tráfico rodado.
 

Imaxes relacionadas