A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h de hoxe
Activo un lume no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que afecta provisionalmente unha superficie de máis de 20 hectáreas
Continúa estabilizado o incendio rexistrado no municipio lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 40 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe.
Vilar de Barrio
Desde as 11,52 h. de hoxe está activo un incendio forestal no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 2 axentes, 7 brigadas, 2 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións.
Quiroga
Continúa estabilizado desde as 09,36 h. desta mañá o lume rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, que se iniciara onte ás 00,03 h. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 11 axentes, 32 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.