A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe
Estabilizados os dous incendios no concello de Vilariño de Conso, parroquias de Castiñeira e de San Cristovo
Permanece tamén estabilizado o lume no municipio de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que afecta unha superficie estimada dunhas 40 hectáreas
Extinguido o incendio de Riós, parroquia de Castrelo de Abaixo, que afectou unha superficie de 30,83 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.
Vilariño de Conso
Os dous lumes rexistrados no concello de Vilariño de Conso están estabilizados, tras comezar a pasada noite con tres focos cada un deles. Así, na parroquia de Castiñeira quedou estabilizado ás 11,27 h. o lume que comezaba ás 21,34 h. da pasada noite. Tras a medición con GPS, a superficie afectada é de 16,42 hectáreas de monte raso. No seu control levan traballado 7 axentes, 12 brigadas, 3 motobombas e 2 pas.
Na parroquia de San Cristovo permanece estabilizado dende as 07,02 h. desta mañá o lume rexistrado onte ás 22,41 h. Segundo as medicións con GPS, a superficie afectada é de 45,39 hectáreas de monte raso. No seu control levan participado 2 axentes, 4 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.
Chandrexa de Queixa
Permanece estabilizado dende as 02,07 h. desta madrugada o lume que comezaba ás 16,43 h. da tarde de onte no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 40 hectáreas. No control deste lume levan participado 5 axentes, 17 brigadas, 6 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.
Riós
Extinguido ás 10,15 h. desta mañá o lume de Riós, parroquia de Castrelo de Abaixo, tras comezar o xoves ás 23,05 h. da noite. A superficie afectada final foi de 30,83 hectáreas de monte raso. Na extinción do incendio mobilizáronse 7 axentes, 17 brigadas e 9 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.