Estabilizado un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de menos dunha hectárea
A Consellería do Medio Rural informa dun lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín.
O incendio orixinouse ás 12,10 h. deste mediodía e quedou estabilizado ás 12,55 h. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de menos dunha hectárea dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No control deste lume participan 1 axente, 3 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.