A Xunta destina máis de 185.000 euros a 17 asociacións de veciños da provincia da Coruña

O Goberno galego notificou esta semana ás entidades beneficiarias a resolución das axudas destinadas a asociacións veciñais, comunidades de usuarios de auga e organizacións de mulleres rurais

O orzamento da convocatoria deste ano na provincia da Coruña ascende a máis de 185.000 euros e permitirá realizar obras de mellora nos locais de entidades veciñais ademais da compra de novos equipamentos para as súas actividades

A Xunta apoia a través destas axudas o fomento do movemento veciñal con actuacións que contribúan á mellora do benestar dos cidadáns