A Xunta adxudica a execución dun centro de transformación para dotar de subministro eléctrico o sistema de saneamento de Veiga Grande, en Cerdedo- Cotobade

Estas actuacións, adxudicadas por un importe de máis de 48.000 euros, contan cun prazo de execución de tres meses

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a execución dun centro de transformación para dotar de subministro eléctrico o sistema de saneamento de Veiga Grande, en Cerdedo Cotobade.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Uncisa Construcciones e Infraestructuras S.A por un importe de máis de 48.000 euros, contan cun prazo de execución de tres meses.

Augas de Galicia vén de solicitarlle á empresa eléctrica o establecemento do servizo que dote do abastecemento necesario o sistema de saneamento e depuración ubicado no lugar de Veiga Grande.

Para dispoñer o citado subministro eléctrico, é necesaria a execución dun centro de transformación cos elementos e proteccións correspondentes, que levará a cabo a Xunta a través das obras adxudicadas.