A Xunta inicia as obras de estabilización dun noiro con técnicas de bioenxeñería no río Sar en Estramundi de Abaixo, no concello de Padrón, para minimizar o risco de inundacións

Esta traballos, cun investimento autonómico duns 250.000 euros, prevén o seu remate a mediados do vindeiro mes de setembro

Trátase de actuacións de mellora do comportamento hidráulico e minimización de posibles avenidas no marco das intervencións de mantemento que executa Augas de Galicia nas áreas identificadas con risco potencial de inundacións
 

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de estabilización dun noiro con técnicas de bioenxeñería no río Sar, ao se paso polo lugar de Estramundi de Abaixo, no concello de Padrón.

Os traballos contratados por Augas de Galicia, cun investimento autonómico de 250.000 euros, prevén o seu remate a mediados do vindeiro mes de setembro.

Trátase de actuacións de mellora do comportamento hidráulico e minimización de posibles avenidas que leva a cabo Augas de Galicia, no marco dos traballos de mantemento e conservación de zona inundable das áreas identificadas como de risco potencial significativo de inundación (Arpsi).

Intervense no punto que se atopa augas arriba da canle de derivación do río que discorre pola zona urbana, actuando no noiro, por medio de técnicas brandas de bioenxeñaría, executándose un muro krainer, de 50 metros de lonxitude, con base de escollera. Este tipo de muros se constrúen mediante empalizada de madeira, con posterior recheo con terras, estaquillado con material vivo extraído da zona, mallas vexetadas e estendido de biorrollos orgánicos.

Os traballos completaranse na parte superior, incluíndo a reposición do paseo existente, e a repoboación da marxe con vexetación propia de ribeira.
 

Imaxes relacionadas