Galicia rexistra un total de 180 casos activos por coronavirus
Un total de 11.197 pacientes xa están curados
A día de hoxe hai 170 pacientes en seguimento nos seus domicilios
O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 180, deles 43 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 4 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 31 da área de Vigo, 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.
TOTAL GALICIA | DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS | |
NÚMERO DE CASOS | 180 | 0 (usuarios) |
1 (profesionais) | ||
FALECEMENTOS | 619 | 132 (en residencias) |
142 (en hospitais e residencias integradas) |
Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.