A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Castañeira, no concello de Brión
Os traballos desenvólvense en distintos tramos do río ao longo duns 400 metros, na parroquia de Bastavales
As actuacións céntranse na retirada de árbores caídas e madeira morta acumulada na canle do río
A Consellería de Infraestruturas mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Castañeira, no concello de Brión.
Estas tarefas estanse a desenvolver en distintos tramos do río ao longo duns 400 metros de lonxitude, ao seu paso pola parroquia de Bastavales.
As actuacións céntranse na retirada de árbores caídas e madeira morta acumulada na canle do río.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.