A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe
Permanece activo o lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta unhas 60 hectáreas de superficie
Controlado o lume no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de San Pedro de Muro, que afecta 24 hectáreas
Permanece tamén controlado o incendio de Rubiá, parroquia de Pardollán, que segundo as últimas estimacións afecta 41,35 hectáreas do parque natural da Serra da Enciña da Lastra
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.
Ourense
Permanece activo desde as 15,03 h. de onte o lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta unha superficie dunhas 60 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 1 técnico, 10 axentes, 25 brigadas, 19 motobombas, 7 helicópteros e 11 avións.
Porto do Son
Controlado ás 11,14 h. o incendio rexistrado no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de San Pedro de Muro, tras comezar onte ás 17,42 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 24 hectáreas, das cales 19 son de monte arborado e 5 de monte raso. Na súa extinción levan participado 8 axentes, 18 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 4 avións e 4 helicópteros.
Rubiá
Permanece controlado dende onte ás 18,59 h. o lume rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán, tras comezar o venres ás 13,05 h. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 41,35 hectáreas do parque natural da Serra da Enciña da Lastra, das cales 30 son arboradas e o resto monte raso. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 1 técnico, 13 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, 5 helicópteros e 11 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.