A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,00 h de hoxe
Controlado o lume no concello coruñés de Lousame, parroquia de Vilacova, cunha superficie afectada de 41 hectáreas
Estabilizado o incendio de Rubiá, parroquia de Pardollán, que segundo novas estimacións afecta unhas 40 hectáreas do parque natural da Serra da Enciña da Lastra
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,00 h. de hoxe.
Lousame
Controlado ás 20,33 h. o lume rexistrado ás 14,50 h. no concello coruñés de Lousame, parroquia de Vilacova que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 41 hectáreas, das cales 38 son arboradas e 3 rasas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No lugar levan traballado 5 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 6 avións.
Rubiá
Estabilizado ás 20,32 h. tras comezar ás 13,05 h. o lume forestal do concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán, e que afecta ao parque natural da Serra da Enciña da Lastra. Segundo novas estimacións, a superficie estimada é dunhas 40 hectáreas, sendo esta medición provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 1 técnico, 7 axentes, 14 brigadas, 4 motobombas, 4 helicópteros e 11 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.