A Xunta facilitou ata o de agora máis dun millón de unidades de protección a un máis dun centenar de centros sociais da área de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 528.590 luvas, 439.075 máscaras e 26.451 batas, entre diverso material de desinfección

Vigo, 16 de xullo de 2020

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos centros sociais que compoñen a área territorial de Vigo. Deste modo, na última semana enviáronse a 95 centros 48.900 luvas, 32.022 máscaras, 190 batas e 66 pantallas, entre diverso material de protección e desinfección e limpeza, facendo un total de 81.178 novas unidades en conxunto.

Con este último reparto, as unidades enviadas a un total de 157 centros sociais da área territorial de Vigo suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 1.049.516 unidades de material de protección. Así, foron 528.590 luvas, 439.075 máscaras e 26.451 batas. Todos estes centros recibiron asemade pantallas de protección, gorros, calzas e diversos produtos de desinfección e limpeza.

Se trata de centros de atención a discapacidade, igualdade,, inclusión, de maiores, menores e xuventude.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia durante todo este tempo, especialmente desde que se decretou o Estado de Alarma, non deixou de comprar e proporcionar material de protección.
 

Departamento:
C. de Sanidade