A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do ríos Tinto e Tella, no concello de Teo

As tarefas están a desenvolverse en distintos puntos dos ríos ao seu paso polas parroquias de Calo e Lucí

As actuacións céntranse na retirada de árbores e de madeira morta na canle

Augas de Galicia mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
 

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos río Tinto e Tella, no concello de Teo.

Estas tarefas lévanse a cabo en distintos tramos destes ríos na parroquia de Calo (San Xoán), ao seu paso polo lugar de Vila Verde; e na parroquia de Lucí (Santa María), no lugar da Ramallosa.

Os traballos consisten na retirada de árbores caídas e madeira morta acumulada na canle do río.

Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.

A Xunta de Galicia mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.
 

Imaxes relacionadas