A Xunta inicia as obras de mellora do firme nun treito antigo da estrada OU-540, en Bande, no acceso ao complexo arqueolóxico Aquis Querquennis
Estas actuacións están a executarse na marxe esquerda da citada vía, desde o punto quilométrico 48+225
A intervención consiste no reforzo do firme mediante a execución de regas asfálticas
Os traballos, cun investimento próximo aos 8.000€, complementaranse posteriormente cun acondicionamento e limpeza coa fin de que a zona sexa de aparcamento no acceso ao complexo
A Xunta vén de iniciar os traballos de acondicionamento do firme nun treito antigo da estrada OU-540, en Bande, para mellorar o acceso ao complexo arqueolóxico romano de Aquis Querquennis.
Estas actuacións están a executarse nun treito antigo da estrada na marxe esquerda, desde o punto quilométrico 48+225.
Actuarase ao longo dun treito que suma 400 metros, cun ancho medio de plataforma duns 6 metros.
A intervención consiste nun reforzo do firme mediante regas asfálticas. Para isto, acometerase un dobre tratamento superficial na sección completa do treito antigo.
Os traballos, cun investimento estimado próximo aos 8.000 euros, complementaranse posteriormente cun acondicionamento e limpeza coa fin de que a zona sexa de aparcamento no acceso ao complexo arqueolóxico.