A Xunta adxudica a execución dunha nova senda peonil en Albarellos, no Concello de Monterrei
A actuación, adxudicada por un importe de case 150.000 euros, comezará no vindeiro mes de agosto e terá un prazo de execución de 6 meses
O itinerario desenvolverase na estrada autonómica OU-143, cuxo trazado coincide no seu percorrido co discorrer da Vía da Prata, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 1+460 e 1+800
A nova senda facilitará os desprazamentos cotiás dos veciños desta contorna dun xeito máis sustentable, cómodo e seguro
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de execución dunha nova senda peonil en Albarellos, no Concello de Monterrei.
Esta actuación foi adxudicada á empresa Misturas Obras e Proxectos S.A por un importe de case 150.000 euros.
Os traballos comezarán no vindeiro mes de agosto e terán un prazo de execución de 6 meses.
O itinerario desenvolverase na estrada autonómica OU-143, cuxo trazado coincide no seu percorrido co discorrer da Vía da Prata, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 1+460 e 1+800.
A nova senda facilitará os desprazamentos cotiás dos veciños desta contorna dun xeito máis sustentable, cómodo e seguro.