A Xunta adxudica máis de 39.000 metros cadrados de solo empresarial con bonificacións por importe de máis de 1,37 millóns de euros

En total adxudicáronse 12 parcelas en 6 parques empresariais propiedade da empresa pública Xestur

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2020

A Xunta de Galicia vén de adxudicar un total de 32.009 metros cadrados de solo empresarial con prezo bonificado en seis parques empresariais propiedade da empresa pública Xestur.

O prezo total que pagarán as empresas adxudicatarias supera os 2,9 millóns de euros, despois de aplicar bonificacións por importe de 1,37 millóns de euros.

As parcelas adxudicadas son as seguintes:

PARQUE
Nº PARCELAS
SUPERFICIE m2
PREZO €
BONIFICACIÓN €
Boiro
1
2.369
168.201
 23.688
Carballo
1
709
32.000
 28.013,98
A Sionlla
3
8.174
878.137
 374.753
Negreira
1
1.533
52.901
52.876
Pereiro
2
5.057
202.280
 202.2801
Mos
4
14.167
1.606.537
 688.516,19
TOTAL
12
32.009
2.940.236
1.370.126,98

Dende a implantación das bonificacións no prezo do solo empresarial en 2015 a Xunta adxudicou preto de 2,3 millóns de metros cadrados nos parques propiedade do IGVS e de Xestur.