A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río de Xanceda, no Concello de Ourol
As tarefas están a desenvolverse nun tramo de preto de 90 metros ao seu paso polo lugar da Anxeriz, na parroquia de Xerdiz
As actuacións céntranse na retirada de árbores e de madeira morta na canle
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río de Xanceda, no concello de Ourol.
Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo de 90 metros de lonxitude, que coincide co percorrido polo lugar da Anxeriz, na parroquia de Xerdiz (Santa María).
As principais tarefas consisten na retirada de árbores e de madeira morta na canle do río.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte.
A Xunta de Galicia mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.