Hoxe comeza a emitirse a Tarxeta Xente Nova na provincia de Ourense, onde os menores de 21 anos poderán empregala a partir do vindeiro luns

Uns 150 mozos do Pereiro de Aguiar e 5.200 da provincia poderán beneficiarse deste dispositivo, que permite que os menores de 21 anos viaxen gratis no transporte público dependente da Xunta

Para conseguir a tarxeta é necesario solicitar cita previa nunha das oficinas de Abanca habilitadas e os menores de idade deben acudir acompañados dun proxenitor

As tarxetas non precisan ter unha conta asociada, simplemente deben ter un saldo inicial para empezar a viaxar e posteriormente irá reembolsándose cada 15 días o importe das viaxes realizadas

Con esta medida foméntase entre os mozos a mobilidade sostible, segura e de pago sen contacto
 

Imaxes relacionadas