Controlado un incendio forestal no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Santa María de Gargamala
Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional de 21 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa dun lume controlado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Santa María de Gargamala.
O incendio comezou esta pasada medianoite, concretamente ás 00:06h, e deuse por controlado ás 9:28h desta mañá. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional de 21 hectáreas. No seu control levan traballado 3 axentes, 7 brigadas e 5 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085