Reiniciase o cómputo dos prazos para a presentación de solicitudes de cinco liñas de axudas de rehabilitación e fomento da vivenda en alugueiro
Os prazos das liñas de incentivos, suspendidos a causa do Estado de alarma, volven a contarse a partir de mañá
Só afecta a aquelas ordes de axudas que estaban convocadas e cuxo prazo inicial de presentación de solicitudes rematou durante o Estado de alarma
A partir de mañá reiniciase o prazo para a presentación de solicitudes de axudas destinadas a actuacións de rehabilitación e ao fomento da vivenda en alugueiro, tal como establece a Resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia.
Os prazos de todas as axudas que estaban convocadas foron suspendidos o pasado mes de marzo como consecuencia do Estado de alarma, pola epidemia de Covid-19, e agora reinícianse para aquelas que contribúen á reactivación progresiva da actividade económica e son indispensables para a protección do interese xeral.
As liñas de axudas afectadas son as que xa estaban convocadas e o prazo de presentación de solicitudes rematou durante o estado de alarma. Así, reiníciase o prazo de presentación de solicitudes e de tramitación das seguintes subvencións:
LIÑA DE AXUDA | PRAZO (días naturais contados a partir de mañá 21 de maio) | DATA LÍMITE |
Axudas para mellora da eficiencia enerxética, sustentabilidade, conservación e mellora da seguridade e accesibilidade das vivendas | 13 | 2 de xuño |
Infravivenda | 48 | 7 de xullo |
Rehabilitación de vivendas de mestres, outros oficios e outras de titularidade municipal | 48 | 7 de xullo |
Axudas a promotores de vivendas para alugueiro | 26 | 15 de xuño |
Axudas a promotores de vivendas para alugueiro para persoas maiores e persoas con discapacidade | 26 | 15 de xuño |
Non obstante, as restantes liñas de axudas convocadas polo IGVS, cuxos prazos de presentación de solicitudes rematan a partir do mes de setembro, non se viron afectadas pola suspensión dos prazos, polo que se poden solicitar ata a data prevista na convocatoria. Concretamente, son as seguintes:
LIÑA DE AXUDA | FIN DO PRAZO (previsto na convocatoria) |
Áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e das Illas Atlánticas | 30 de outubro |
Préstamos para rehabilitación de vivendas | 30 de setembro |
Axudas para adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes | 30 de setembro |
Axudas para adquisición de vivendas en centros históricos | 30 de setembro |
Bono de alugueiro social | 11 de decembro |