A Xunta pon en marcha o protocolo de seguridade laboral nos xulgados aos que hoxe se incorporaron máis dun terzo dos traballadores

O Goberno galego xa ten instalado mamparas de metacrilato nos servizos de atención ao público como os rexistros civís dos partidos xudiciais e nos xulgados de paz co obxectivo de evitar o contacto entre traballadores e usuarios

A Xunta xa fixo entrega tamén aos Xulgados de mais de 38.400 mascarillas, 60.500 pares de guantes, 980 botes de xel hidroalcólico, 120 pantallas de metacrilato e máis de 3.750 pantallas faciais

Ademais, o Goberno galego está elaborando un protocolo para a celebración telemática das vistas que será validado por un grupo de traballo constituído por xuíces esta mesma semana

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2020

A Xunta pon en marcha o protocolo de seguridade laboral para o Plan de desescalada para a Administración de xustiza ante a COVID-19. Hoxe incorporáronse máis dun terzo da plantilla dos funcionarios xudiciais galegos.

Así, nesta primeira fase nos órganos xudiciais e fiscais, e no Imelga, acudirán de forma presencial entre un 30 e un 40% dos efectivos. Nos xulgados e fiscalías en servizo de garda deberán contar con toda a dotación do persoal que preste o servizo de garda e o persoal destinado no Rexistro Civil deberá asistir na súa totalidade cando o letrado da Administración de xustiza considere que é imprescindible para a prestación do servizo. E o persoal adscrito ás gardas dos equipos de menores e os auxiliares de autopsia deberán seguir prestando os seus servizos ao 100%.

O persoal que teña recoñecidos permisos por patoloxías susceptibles de se agravaren por efecto da COVID-19 e o persoal de risco, así como o persoal que teña ao seu cargo menores de 14 años ou maiores dependentes e se vexa afectado polo peche de centros educativos ou de maiores, non terá que incorporarse.

Ademais, o Goberno galego está elaborando un protocolo para a celebración telemática das vistas que será validado por un grupo de traballo constituído por xuíces esta mesma semana. Así, xa foron identificadas do total das 160 salas de vista existentes as que xa están preparadas para a celebración dixital de las vistas. Xa estarían en disposición 80 delas para que poidan levar a cabo as vistas telemáticas una vez pechado o protocolo de actuación. Para as restantes porase en marcha una contratación por vía de urxencia para completar aa dotación tecnolóxica.

Ademais, se reactivará a implantación da firma electrónica nos 60 órganos que estaba pendente de completar el proceso, sempre a través de procesos de formación telemática de los profesionais e coa coordinación da sala de goberno do TSXG.Durante este mes de maio, se instalarán salas dixitais na sala de xurado de Vigo e na de Pontevedra.

Material entregado aos Xulgados

O Goberno galego xa ten instalado mamparas de metacrilato nos servizos de atención ao público como os rexistros civís dos partidos xudiciais e nos xulgados de paz da nosa comunidade co obxectivo de evitar o contacto entre traballadores e usuarios. Ademais, repartiuse material de protección (38.400 máscaras, 60.500 pares de guantes, 980 botes de xel hidroalcohólico, 163 contedores de EPIS e 3.750 pantallas faciais), o que supuxo para a Xunta un investimento de máis de 210.000 euros.

Ademais, nos Rexistros Civís serán instaladas pegatinas no chan para marcar a distancia que o público debe manter cos funcionarios e serán tamén entregadas máis de 1.750 pantallas faciais para os funcionarios das unidades xudiciais que teñen maior contacto co público, como son os do rexistro civil, xulgados de garda, auxilios xudiciais, oficinas de atención ao público e á vítima.

Imaxes relacionadas