A Xunta dotará de sistemas de videoconferencia a tódolos xulgados galegos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con ministro de Xustiza,Juan Carlos Campo e representantes de Xustiza das comunidades autónomas

O Goberno galego está elaborando un protocolo para a celebración telemática das vistas que será validado por un grupo de traballo constituído por xuíces a vindeira semana

Xa estarían en disposición para poder levar a cabo as vistas telemáticas 80 delas una vez pechado o protocolo de actuación.

Alfonso Rueda indicou tamén que o Goberno galego xa fixo entrega aos Xulgados de mais de 38.400 mascarillas, 60.500 pares de guantes, 980 botes de xel hidroalcólico, 120 pantallas de metacrilato e máis de 3.750 pantallas faciais

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2020

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con ministro de Xustiza,Juan Carlos Campo e representantes de Xustiza das comunidades autónomas, onde avanzou que a Xunta dotará de sistemas de videoconferencias a tódolos Xulgados galegos.

O Goberno galego está elaborando un protocolo para a celebración telemática das vistas que será validado por un grupo de traballo constituído por xuíces dependentes a vindeira semana. Así, xa foron identificadas do total das 160 salas de vista existentes as que xa están preparadas para a celebración dixital de las vistas. Xa estarían en disposición 80 delas para que poidan levar a cabo as vistas telemáticas una vez pechado o protocolo de actuación. Para as restantes porase en marcha una contratación por vía de urxencia para completar aa dotación tecnolóxica.

Ademais, se reactivará a implantación da firma electrónica nos 60 órganos que estaba pendente de completar el proceso, sempre a través de procesos de formación telemática de los profesionais e coa coordinación da sala de goberno do TSXG.Durante este mes de maio, se instalarán salas dixitais na sala de xurado de Vigo e na de Pontevedra.

Seguindo o disposto no artigo 23 do RD Lei 16/2020, a Xunta xa ten en marcha a posibilidade da consulta telefónica ou a través do correo electrónico e un sistema de cita previa.

Nestes momentos, un total de 286 funcionarios de Xustiza teñen acceso ao escrito remoto e ao teletraballo, o que supón sumando a totalidade dos xuíces, fiscais e letrados da Administración de Xustiza, que 780 profesionais da Administración de xustiza en Galicia están teletraballando, o 30% de todos os trabajadores judiciales.

Nestes momentos, un total de 286 funcionarios de Xustiza teñen acceso ao escrito remoto e ao teletraballo, o que supón o 30% dos traballadores xudiciais, aos que se suman a totalidade dos xuíces, fiscais e letrados da Administración de Xustiza, 780 profesionais.

Material entregado aos Xulgados

A Xunta xa entregou aos Xulgados galegos mais de 38.400 mascarillas, 60.500 pares de guantes, 980 botes de xel hidroalcólico, 120 pantallas de metacrilato, 163 contenedores de EPIs usados e máis de 3.750 pantallas faciais. Todos estes equipos de protección foron remitidos pola Xunta de Galicia e polo Ministerio de Xustiza en varias entregas, se ben o seu custe total foi aboado integramente polo Goberno galego e ascende a máis de 210.000 euros.

Ademais, nos Rexistros Civís serán instaladas pegatinas no chan para marcar a distancia que o público debe manter cos funcionarios e serán tamén entregadas máis de 1.750 pantallas faciais para os funcionarios das unidades xudiciais que teñen maior contacto co público, como son os do rexistro civil, xulgados de garda, auxilios xudiciais, oficinas de atención ao público e á vítima.

Imaxes relacionadas