A Xunta leva entregadas preto de 47.695 unidades de protección contra o COVID-19 aos concellos do Salnés

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Goberno autonómico enviou xa a estes municipios máis de 28.360 luvas, 17.680 máscaras, asi como traxes de protección e produtos de desinfección

En total, a Xunta desde que se decretou o estado de alarma leva repartido entre os concellos da provincia máis de 419.324 unidades de protección para loitar contra a pandemia
 

Pontevedra, 3 de maio de 2020

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Pontevedra, leva entregadas aos concellos da comarca do Salnés preto de 47.695 unidades de protección individual nos distintos envíos que se veñen de efectuar dende a plataforma loxística dende o inicio do decreto do estado de alarma.

En total, a Xunta desde que se decretou o estado de alarma leva repartido entre os concellos da provincia máis de 419.324 unidades de protección para loitar contra a pandemia.

Segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o último envío a estes municipios, realizado esta mesma semana, permitiu repartir 1.460 luvas e 1.300 mascarillas.

En total, os datos globales supoñen nesta comarca a recepción de 28.360 luvas, 17.680 máscaras, 1.243 batas e traxes de protección e 366 produtos de desinfección, entre outros elementos. Por concellos, os envíos totales de unidades de protección son os seguintes:

 
CONCELLOS
 
       LUVAS
 
  MÁSCARAS

TOTAL (DE UNIDADES DE PROTECCION E DESINFECCIÓN)

CAMBADOS
          3.290
         2.100
            5.587
O GROVE
          2.740
         1.930
            4.889
MEAÑO
          2.190
         1.675
            4.003
MEIS
          2.690
         1.600
            4.388
RIBADUMIA
          2.390
         1.850
            4.360
SANXENXO
          3.390
         2.000
            5.615
VILAGARCÍA
          5.690
         2.725
            8.826
VILANOVA
          3.390
         2.200
            5.744
A ILLA DE AROUSA
          2.590
         1.600
             4.283
                                TOTAL
 
        28.360
 
       17.680
       
          47.695

 

Todo o material distribúese desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.

José Manuel Cores Tourís destacou o esforzo que se está a realizar dende o Goberno galego para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 e que seguen a traballar conten co material de protección que precisan. Así lembrou que a Administración autonómica adquiriu directamente material de protección para garantir a seguridade dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a Domicilio.

Imaxes relacionadas