A Xunta de Galicia leva entregadas aos concellos da comarca da Coruña 199.900 unidades de material de protección para facer fronte á COVID-19 desde o inicio da crise
Esta mesma semana enviouse unha nova partida de 12.970 luvas, 9.400 máscaras e 350 traxes antisalpicaduras
A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto dos concellos da comarca e da cidade da Coruña a partida inclúe 9.400 máscaras, 12.970 luvas, 350 traxes antisalpicaduras e 110 pantallas faciais. En total, enviouse aos concellos da área da Coruña 22.830 unidades de protección esta semana.
Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados aos municipios da comarca da Coruña, incluída a cidade en conxunto,199.945 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 96.738 máscaras, 100.620 luvas, 2.477 traxes e 110 pantallas faciais, enviados en dez entregas desde o inicio da crise do coronavirus.
Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.
Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.
Cómpre lembrar que nun primeiro momento, o Goberno repartiu material de protección ao 100% dos concellos da área coruñesa priorizando ao inicio aos concellos pequenos e medianos e ampliando, posteriormente, as entregas ás cidades. A Xunta está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación e a petición da Federación Galega de Municipios e Provincias.
Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.
Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.
MATERIAL DE PROTECCIÓN ENVIADO Á COMARCA DA CORUÑA DESDE O INICIO DA CRISIS DO CORONAVIRUS
CONCELLO | LUVAS | MÁSCARAS | TRAXES |
Abegondo | 2440 | 2166 | 69 |
Aranga | 1300 | 1380 | 98 |
Arteixo | 3390 | 6557 | 107 |
Bergondo | 1490 | 2175 | 109 |
Betanzos | 2190 | 3413 | 102 |
Cambre | 3190 | 5449 | 107 |
Carral | 2740 | 2457 | 78 |
Coirós | 1350 | 1339 | 32 |
Coruña, A | 60000 | 42230 | 645 |
Culleredo | 3390 | 6309 | 107 |
Curtis | 2190 | 1830 | 37 |
Irixoa | 700 | 797 | 82 |
Mesía | 1200 | 1481 | 98 |
Miño | 2390 | 2387 | 70 |
Oleiros | 4690 | 7434 | 333 |
Paderne | 2190 | 1555 | 36 |
Sada | 2090 | 3771 | 102 |
Sobrado | 1400 | 1366 | 98 |
Vilasantar | 700 | 731 | 69 |
Oza-Cesuras | 1590 | 1911 | 98 |
TOTAL | 100.620 | 96.738 | 2.477 |