A Xunta facilitou ata o de agora máis de 170.640 unidades de protección aos catorce concellos da área territorial de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 104.200 luvas, 64.594 máscaras, 1.846 traxes e diversos produtos de desinfección

No que atinxe ao Concello de Vigo, o máis populoso da área, o Goberno galego enviou máis de 99.375 unidades para os servizos municipais da administración

Por concellos, os da comarca da Louriña (Mos, O Porriño e Salceda de Caselas) recibiron 16.857 unidades; ao Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar) enviáronse un total de 15.869; 11.732 a Cangas e Moaña; e 26.807 aos 5 municipios restantes
 

Vigo, 30 de abril de 2020.- A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, vén de incrementar as unidades de protección enviadas aos catorce concellos da área territorial cun novo envío que suma 12.696 máscaras cirúrxicas, 12.280 luvas e 222 traxes antisalpicaduras, asemade de diverso material de limpeza e desinfección como botes de xel hidroalcohólico ou lixivia.

No que atinxe ao Concello de Vigo, nesta última semana reforzáronse os envíos anteriores con 7.746 novas máscaras, 7.500 luvas e 123 traxes antisalpicaduras.

Con este último reparto, as unidades enviadas aos catorce concellos da área territorial de Vigo suman en conxunto, ata o de agora e desde o inicio do reparto, 170.640 unidades de material de protección, baixo os criterios de reparto acordados e pactados pola Federación Galega de Municipios e Provincias. Así, foron104.200 luvas, 64.594 máscaras e 1.846 traxes antisalpicaduras, así como diversos produtos de desinfección. Deste total, o Goberno galego enviou 99.375 unidades para os servizos municipais do Concello de Vigo.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia durante todo este tempo, especialmente desde que se decretou o Estado de Alarma, non deixou de comprar material de protección que xa repartiu ao 100% dos concellos da área viguesa.

A suma total de unidades de protección enviadas por concellos na área territorial de Vigo, supuxo 16.857 unidades para os da comarca da Louriña (Mos, O Porriño e Salceda de Caselas); 15.869 para os do Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar); 11.732 para Cangas e Moaña; e 26.807 unidades de protección repartidas entre os cinco municipios restantes (Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Redondela).


O material, segundo as informacións facilitadas polos propios municipios, está sendo destinado aos concellos máis para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar e en Protección Civil.

A Administración autonómica reitera que todo o material entregado, cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para poder ser usado.

Concello
Luvas
Mascarillas
Traxes
Baiona
3.100
1.922
87
Cangas
3.500
2.182
141

Fornelos de Montes

3.200
1.582
46
Gondomar
3.000
1.862
91
Moaña
3.600
2.162
147
Mos
3.100
1.972
92
Nigrán
3.600
2.160
47
Pazos de Borbén
3.500
1.574
47
O Porriño
3.400
2.150
146
Redondela
3.700
2.210
147

Salceda de Caselas

3.800
2.100
97

Salvaterra de Miño

2.700
1.932
56
Soutomaior
4.000
2.056
57
Vigo
60.000
38.730
645

Imaxes relacionadas