A Xunta executa traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Condomiñas ao seu paso polo concello de Cedeira
Os traballos están a desenvolverse nun tramo de máis de 1 quilómetro de lonxitude no lugar de Cortiñas, na parroquia de Santa María do Mar
As principais tarefas consisten na retirada de árbores, pólas e madeira morta sobre a canle
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Condomiñas, ao seu paso polo concello de Cedeira.
Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo de máis de 1 quilómetro de lonxitude, que coincide co percorrido do río polo lugar de Cortiñas, na parroquia de Santa María do Mar de Cedeira.
As principais tarefas consisten na retirada de árbores, pólas e madeira morta sobre a canle.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Norte.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos