A Xunta leva entregadas á cidade de Pontevedra preto de 28.000 unidades de protección contra o covid-19

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que hoxe mesmo o Goberno autonómico enviou á capital da provincia o terceiro envío que incluíu 5.123 equipamentos individuais

A administración autonómica entregou neste novo reparto 2.500 luvas, 2.500 mascarillas e 164 traxes

En total, a Xunta desde que se decretou o estado de alarma leva repartido entre as sete cidades galegas máis de 355.000 unidades de protección para loitar contra a pandemia
 

Pontevedra, 22 de abril de 2020

A Xunta, a través da delegación territorial de Pontevedra, leva entregadas á cidade de Pontevedra preto de 28.000 unidades de protección individual nos tres envíos que se veñen de efectuar dende a plataforma loxística dende o inicio do decreto do estado de alarma.

Segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, hoxe mesmo realizouse o terceiro reparto á cidade do Lérez que incluíu 2.500 luvas, 2.500 mascarillas e 165 traxes, é dicir 5.123 equipamentos individuais.

O Goberno galego neste terceiro envío de material de protección ás sete cidades distribuíu máis de 53.400 unidades. Así, as sete cidades recibiron en conxunto nestes días 30.500 guantes, 22.400 mascarillas, 501 traxes e 40 pantallas.

Todo o material distribúese desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus. En total, a Administración autonómica leva repartido entre as sete cidades galegas máis de 355.000 unidades de protección para loitar contra a pandemia. En concreto, 213.000 guantes, 141.900 mascarillas, 2.000 traxes e 40 pantallas.

José Manuel Cores Tourís destacou o esforzo que se está a realizar dende o Goberno galego para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 e que seguen a traballar conten co material de protección que precisan. Así lembrou que a Administración autonómica adquiriu directamente material de protección para garantir a seguridade dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a Domicilio.