O tráfico nas vías de altas prestacións de titularidade autonómica descendeu de media un 74% durante o estado de alarma
Ese é o descenso rexistrado entre o 14 de marzo e o 15 de abril en comparación co tráfico do período equivalente de 2019
Os datos das autoestradas e autovías autonómicas mostran unha intensidade diaria media en xornadas laborais foi de 3.276 vehículos, fronte aos 11.055 do ano anterior
Nos días festivos, o total da circulación diminuíu un 88 %, unha media próxima á rexistrada en fins de semana, coa caída do tráfico nun 84 %
Os domingos cuantifican a maior redución de tráfico da semana, cun 89% menos, e os luns acusan o menor descenso, cun 65 %
O tráfico nas vías de altas prestacións de titularidade autonómica descendeu de media un 74% durante o estado de alarma, tal e como se desprende da análise de circulación entre o sábado 14 de marzo e o mércores 15 de abril en comparación co período equivalente de 2019.
O descenso máis acentuado protagonízano os vehículos lixeiros, que caeron de media un 77%, mentres que a redución de vehículos pesados é do 39%. A intensidade media diaria foi de 2.724 coches, en comparación cos 10.617 rexistrados en 2019.
Os datos achegados polas concesionarias da rede viaria autonómica sinalan que nas xornadas laborais deste intervalo caracterizado polo estado de alarma, a intensidade media diaria de tráfico acada os 3.276 vehículos, fronte aos 11.055 rexistrados nos mesmos días do ano anterior.
Isto representa unha redución da circulación en días laborales do 70%. De xeito máis concreto, o tráfico diminuíu estes días o 73 % no caso dos vehículos lixeiros e o 34 % no dos pesados.
Destaca a notable redución do tráfico nos días festivos, tendo en conta que o período avaliado inclúe a Semana Santa. Así, nas xornadas festivas, a circulación diminuíu un 88 %, pasando dunha intensidade media diaria anterior de 8.647 vehículos a tan só 1.000 vehículos.
Os datos relativos aos días festivos mantéñense próximos aos contabilizados nas fins de semanas, nas que a totalidade do tráfico decreceu un 84 %, correspondendo unha baixada do 85 % aos vehículos lixeiros e do 52 % aos pesados.
Segundo a análise por días da semana, o domingo cuantifica a maior baixada de circulación, cun 89% menos, e os luns acusan o menor descenso, cun 65 %.
As seguintes táboas amosan as medias de tráfico rexistradas neste período e a súa comparación co mesmo intervalo o ano pasado:
IMD 2020 (veh / d) | IMD 2019 (veh / d) | Variación IMD (2020 Vs 2019) | |||||||||||
Lixeiros | Pesados | Total | Lixeiros | Pesados | Total | Lixeiros | Pesados | Total | |||||
Días laborales | 2.726 | 550 | 3.276 | Días laborales | 10.220 | 835 | 11.055 | -73% | -34% | -70% | |||
Festivos | 904 | 96 | 1.000 | Festivos | 8.458 | 189 | 8.647 | -89% | -49% | -88% | |||
Fins de semana | 1.298 | 122 | 1.420 | Fins de semana | 8.887 | 252 | 9.139 | -85% | -52% | -84% | |||
Día medio | 2.284 | 440 | 2.724 | Día medio | 9.900 | 718 | 10.617 | -77% | -39% | -74% | |||
L | Sábado | 1.676 | 176 | 1.852 | L | Sábado | 9.177 | 321 | 9.498 | -82% | -45% | -81% | |
F | Domingo | 920 | 67 | 987 | F | Domingo | 8.596 | 183 | 8.779 | -89% | -63% | -89% | |
L | Luns | 3.143 | 638 | 3.780 | L | Luns | 9.959 | 891 | 10.850 | -68% | -28% | -65% | |
L | Martes | 2.930 | 650 | 3.579 | L | Martes | 9.791 | 938 | 10.729 | -70% | -31% | -67% | |
L | Mércores | 2.982 | 654 | 3.635 | L | Mércores | 10.328 | 961 | 11.289 | -71% | -32% | -68% | |
L | Xoves | 2.856 | 632 | 3.488 | L | Xoves | 10.456 | 979 | 11.435 | -73% | -35% | -69% | |
L | Venres | 2.931 | 631 | 3.562 | L | Venres | 11.909 | 1.003 | 12.912 | -75% | -37% | -72 |