O Sergas paralizou o xoves a distribución e ordenou a retirada das máscaras enviadas polo Ministerio que non cumpren os criterios esixidos para a protección

Almuiña solicita ao Ministerio información sobre as deficiencias detectadas

O Sergas realizará as probas diagnósticas necesarias para garantir a seguridade dos profesionais

Inmobilizáronse un total de 82.291 máscaras

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2020

O Sergas ordenou o xoves a paralización da distribución das máscaras do fabricante Garry Galaxy que foran destinadas polo Ministerio de Sanidade á nosa Comunidade Autónoma e non cumpren coas esixencias que determina o Instituto de Seguridad e Higiene en el Trabajo.

En canto se tivo comunicación, por parte do Ministerio, da alerta sanitaria que detectou deficiencias nas máscaras enviadas a Galicia polo Goberno central, paralizouse a súa distribución e trasladóuselle a todas as xerencias a instrucción para que se procedera tamén á retirada das que foran distribuidas.

En total, inmobilizáronse un total de 36.883 máscaras na plataforma de distribución de Negreira e outras 45.408 que foron retiradas polas xerencias das áreas sanitarias.

O Sergas procederá con inmediatez a substituír todas as máscaras que se retiran e realizará as probas diagnósticas necesarias para garantir a protección e seguridade dos seus profesionais. Por outra banda, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, remitiulle ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, unha carta na que solicita que se lle remita información axustada sobre os lotes afectados e o tipo de deficiencias detectadas.