A Xunta entrega aos concellos da provincia da Coruña o Fondo de Cooperación Local do mes de marzo e a liquidación de 2018 para dotalos de efectivo

A provincia da Coruña recibiu, con cargo a estas achegas no primeiro trimestre do ano, 13,8 millóns de euros para poder facer fronte agora as súas necesidades máis urxentes

A Coruña, 17 de abril de 2020

A Xunta de Galicia informa que xa abonou aos concellos a partida do mes de marzo e a liquidación de 2018 do Fondo de Cooperación Local para dotar de liquidez aos gobernos locais no momento no que máis o necesitan. Desta forma, o Goberno Autonómico entregou, no primeiro trimestre do ano, máis de 13,8 millóns de euros aos concellos provincia da Coruña para poder facer fronte a crise do coronavirus, xa que son fondos non finalistas que respectan a autonomía dos concellos.

Estas achegas da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza repártense entre todos os concellos da comarca seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

En concreto, téñense en conta datos como o número de habitantes, persoas maiores de 65 anos, superficie da localidade e a cantidade de núcleos de poboación. Tendo en conta estes criterios os municipios se dividen en tres grupos, menores de 15.000 habitantes, entre 15.000 e 50.000 habitantes e máis de 50.000.

Ovidio Rodeiro apuntou que “ademais de liquidar o mes de marzo en tempo e forma, decidiuse realizar o pago da liquidación pendente de 2018, para que os alcaldes conten neste momento con partidas económicas para todo aquilo que consideren máis necesario e urxente”. “Desde a Xunta de Galicia entendemos que é o momento de arrimar o ombreiro e de facer un esforzo económico en todos os campos para poder axudar a facer fronte á pandemia”, puntualizou.

Estas axudas se xestionan a través da Lei Xeral de Contratos e as tramitan os propios concellos, coa súa propia plataforma de contratación, polo que están exentas da burocracia doutros fondos. Neste senso, o delegado territorial recalcou que “decidimos priorizar estes pagos no momento no que máis necesitan os concellos cartos para poder asumir todos os gastos extraordinarios que están tendo pola crise do Covid 19”.

CONCELLO
LIQUIDACIÓN 2018
TRANSFERENCIA 1º TRIMESTE 2020
TOTAL
CONCELLO DE ARES
24.915,33
59.391,75
84.307,08
CONCELLO DE CABANAS
16.075,74
42.636,75
58.712,49
CONCELLO DE CAPELA, A
10.565,51
35.333,25
45.898,76
CONCELLO DE CARIÑO
20.314,17
55.600,50
75.914,67
CONCELLO DE CEDEIRA
34.442,82
82.512,51
116.955,33
CONCELLO DE CERDIDO
10.329,80
34.206,00
44.535,80
CONCELLO DE FENE
56.224,58
137.199,75
193.424,33
CONCELLO DE FERROL
74.605,29
394.252,74
468.858,03
CONCELLO DE MAÑÓN
12.859,62
39.159,24
52.018,86
CONCELLO DE MOECHE
9.933,34
34.609,26
44.542,60
CONCELLO DE MONFERO
17.448,75
50.939,76
68.388,51
CONCELLO DE MUGARDOS
22.594,03
54.719,25
77.313,28
CONCELLO DE NARÓN
53.027,19
280.223,01
333.250,20
CONCELLO DE NEDA
27.054,99
65.204,49
92.259,48
CONCELLO DE ORTIGUEIRA
39.351,84
119.808,00
159.159,84
CONCELLO DE PONTEDEUME
30.374,47
78.882,00
109.256,47
CONCELLO DE PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS
45.457,16
122.828,25
168.285,41
CONCELLO DE SAN SADURNIÑO
16.563,62
50.255,01
66.818,63
CONCELLO DE SOMOZAS, AS
11.866,11
41.616,00
53.482,11
CONCELLO DE VALDOVIÑO
29.991,04
72.266,25
102.257,29
CONCELLO DE VILARMAIOR
10.067,67
32.166,00
42.233,67
TOTAL
574.063,07
1.883.809,77
2.457.872,84