A Delegación Territorial da Xunta en Ourense conta desde hoxe con dúas unidades de desinfección de vehículos
2020-04-07
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2020/Abril/semana-02/070420 desinfeccion coches.jpg
Ourense, 7 de abril de 2020
A Delegación Territorial de Ourense vén de por en funcionamento dúas unidades de desinfección de vehículos por ozono, dentro das medidas adoptadas polo Goberno galego para loitar contra o coronavirus.
Este equipamento que comezou a funcionar esta mesma mañá prestará servizo aos coches da Administración e da Policía autonómica, así como os de Protección Civil e Policía Local dos concellos da provincia ourensá.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes