Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira
Segundo novas estimacións, afecta unha superficie provisional de 24 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa que quedou controlado o lume do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira.
O incendio comezou ás 14,15 h. deste sábado e deuse por controlado ás 20,24 h. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie provisional de 24 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 2 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e 6 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.