Falece unha muller de 92 anos con múltiple patoloxía ingresada en Povisa e que dera positivo importado na proba do coronavirus

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2020.- A Consellería de Sanidade vén de confirmar esta mañá o falecemento dunha muller de 92 anos, con múltiple patoloxía, que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo, e que dera positivo na proba de coronavirus. Tratábase dun caso importado.