Portos de Galicia reúnese co Concello de Noia para abordar as propostas de mellora da zona portuaria do municipio

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2020

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, reuniuse esta mañá co alcalde de Noia, José Santiago Freire, para abordar as propostas de mellora referentes á zona portuaria do municipio. Na xuntanza analizaron as actuacións previstas por Portos de Galicia nas instalacións de atraque do porto de Testal e no peirao de Noia, como a pavimentación da explanada de Labarta e a conexión co aparcadoiro dun establecemento comercial existente na zona. Outro dos temas tratados foi o das obras da pasarela anexa ao peirao do concello de Noia, que acaba de finalizar Portos.

Imaxes relacionadas