Fabiola García visita o Punto de Atención á Infancia do Concello do Vicedo
2020-03-11
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2020/Marzo/semana-02/20200311ConselleiraOVicedo.jpg
O Vicedo (Lugo), 11 de marzo de 2020
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou hoxe o Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello do Vicedo. Durante a súa visita ás instalacións destacou a calidade na atención que reciben as pequenas e pequenos que acoden diariamente a este centro.
Fabiola García puxo en valor a colaboración entre as administracións locais e o Goberno galego para poñer á disposición das familias das cidades e do rural de Galicia recursos de conciliación que lles permita compaxinar a vida persoal e laboral.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade