Fabiola García destaca o traballo de Asfaval para mellorar a autonomía e o benestar das persoas con discapacidade

Destaca a calidade asistencial do seu centro de día, ocupacional e residencia

O Barco de Valdeorras (Ourense), 9 de marzo de 2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, gabou o traballo da Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras (Asfaval) para mellorar a autonomía e o benestar das persoas con discapacidade. Fíxoo durante unha visita esta tarde aos centros que esta entidade ten na localidade ourensá.

A conselleira destacou a atención especializada e individualizada que ofrecen no seu centro de día, a calidade dos coidados residenciais que tamén ofrecen aos seus usuarios e a formación adaptada que poden recibir a través dos diferentes obradoiros do seu centro ocupacional.

Fabiola García sinalou que a colaboración entre a Administración e as diferentes entidades é fundamental para lograr unha sociedade máis xusta e igualitaria. Neste sentido, lembrou que son organizacións como Asfaval as mellor coñecen as necesidades das persoas con discapacidade e, serven polo tanto, para sinalar o camiño cara a plena inclusión.
 

Imaxes relacionadas