Román Rodríguez pon en valor a tradición da Ribeira Sacra na Feira do Viño de Chantada

Chantada (Lugo), 8 de marzo de 2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu hoxe a Feira do Viño de Chantada, unha cita que este ano celebra a súa edición número 38 e que serve para inaugurar a tempada de feiras do viño na Ribeira Sacra, unha zona que destaca pola calidade dos seus cultivos vitivinícolas. Durante a súa visita, o titular de Cultura e Turismo destacou que este tipo de celebracións axudan a construír a identidade enogastronómica de todos os galegos, serven para poñer en valor produtos de gran calidade como son os viños da Ribeira Sacra e contribúen á actividade turística, impulsando a nosa prosperidade e desenvolvemento sustentable.

Nesta mesma liña, Román Rodríguez salientou o traballo que fan os produtores vitivinícolas en Chantada, así como a súa positiva relación co territorio, unha paisaxe cultural viva, a da Ribeira Sacra, xa declarada Ben de Interese Cultural, e na que a Xunta de Galicia inviste importantes esforzos con obxectivo de que sexa declarada Patrimonio Mundial da Unesco. Precisamente, na edición deste ano, na que participan 14 adegas, está instalada un túnel do viño onde os asistentes á cita poderán degustar os viños desta subzona da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
 

Imaxes relacionadas