Política Social felicita aos participantes dos XXV Xogos Autonómicos de deportes minoritarios Special Olympics pola súa valía

Destaca que este evento converte en protagonistas aos deportes minoritarios e ás persoas con discapacidade

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 7 de marzo de 2020

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, felicitou esta mañá aos participantes dos XXV xogos autonómicos de deportes minoritarios Special Olympics pola súa valía e espírito constante de superación. Fíxoo durante a inauguración desta competición que tivo lugar en Vilagarcía de Arousa.

Ildefonso de la Campa agradeceu ás entidades organizadoras pola súa implicación e por facer posible este evento que converte en protagonistas aos deportes minoritarios e ás persoas con discapacidade. Neste sentido, sinalou que Special Olympics permite que todas as persoas poidan demostrar do que son capaces, independentemente das súa circunstancias.

Así mesmo, o director xeral destacou a importancia de que as administracións manteñan unha colaboración estreita coas entidades que mellor coñecen as necesidades das persoas con discapacidade e traballan os 365 días do ano para lograr para eles a mellor calidade de vida posible.
 

Imaxes relacionadas