O director xeral de Relacións Exteriores reúnese co embaixador de España na Arxentina e co delegado da Xunta en Bos Aires

Bos Aires (Arxentina), 6 de marzo de 2020

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe en Bos Aires co embaixador de España na Arxentina, Javier Sandomingo.

Previamente, mantivo un encontro de traballo co delegado da Xunta na capital arxentina, Alejandro López Dobarro, para coñecer de primeira man o importante labor que realiza a delegación á hora prestar atención aos galegos e descendentes de galegos que residen no país. Con posterioridade achegouse ata a sede da obra social Ospaña, a obra social dos emigrantes españois e os seus descendentes na Arxentina.

Imaxes relacionadas