Confirmado no Hospital Álvaro Cunqueiro un novo caso de infección por coronavirus

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2020

As análises realizadas no Hospital Álvaro Cunqueiro, e confirmadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, confirman a infección por coronavirus dunha muller de 47 anos, que se atopa illada no hospital, en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Trátase do segundo caso positivo confirmado en Galicia.

A Dirección Xeral de Saúde Pública está seguindo o protocolo e xa iniciou o estudio de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios.