As análises confirman a infección por coronavirus nun paciente procedente de Madrid

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2020

As análises realizadas no Servizo de Urxencias do CHUAC, e confirmadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, a un paciente procedente de Madrid confirman a infección por coronavirus dun home de 49 anos que se atopa illado no hospital, en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Trátase do primeiro caso positivo confirmado en Galicia.

A Dirección Xeral de Saúde Pública está seguindo o protocolo e xa iniciou o estudio de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios.