A Xunta avalía coa confraría de pescadores de Corcubión as necesidades do sector da zona

Corcubión (A Coruña), 2 de marzo de 2020.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou hoxe a confraría de pescadores de Corcubión, onde mantivo un encontro cos seus representantes para coñecer e aclarar dúbidas sobre as necesidades da entidade e dos seus socios como as relativas ás infraestruturas portuarias.

Esta reunión enmárcase dentro da rolda de contactos que mantén a Consellería do Mar de xeito periódico coas confrarías e asociacións do sector para estudar e coñecer de primeira man as necesidades de cada zona coa finalidade de buscar a solución máis axeitada. Nesta liña, a titular de Mar puxo de relevo o valor deste tipo de contactos entre Administración e sector para traballar da man no avance da súa actividade.
 

Imaxes relacionadas