Fabiola García salienta o traballo a prol da inclusión social no centro de atención a persoas con discapacidade de Sarria
2020-03-02
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2020/Marzo/semana-01/20200302ConselleiraCAPDSarria.jpg
Lugo, 2 de marzo de 2020
A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou o traballo a prol da inclusión social que se realiza no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) que a Xunta de Galicia ten en Sarria. Alí, puido comprobar os coidados que reciben os preto de 120 usuarias e usuarios que cada día acoden a esta instalación.
Fabiola García gabou as diferentes actividades que se poñen en marcha no CAPD para fomentar que as persoas con discapacidade teñan unha mellor calidade de vida e gañen máis autonomía. Entre as actividades que se poñen en marcha encóntranse actividades de pintura, de psicomotricidade e lingua.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade