A porcentaxe de participación na OPE para a categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería do Sergas supera o 92%

Silleda (Pontevedra) 29 de febreiro de 2029

Un total de 8.097 aspirantes acudiron esta tarde ao Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra) para realizar os exames do concurso oposición correspondentes á categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería nas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral. O número de persoas admitidas foi de 8.768, o que supón unha participación do 92,35%.

Neste proceso selectivo ofértanse 772 prazas, das que 37 corresponden á quenda de discapacidade intelectual.

Como en anteriores procesos selectivos, para dar cumprimento ás esixencias de obxectividade e imparcialidade na selección das persoas aspirantes, reforzáronse as medidas de seguridade coa posta a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma securizada para a elaboración de cada un dos exercicios da fase de oposición, garantindo deste xeito o seguimento de todo o proceso, así como a selección aleatoria e automatizada das preguntas do exame.
 

Imaxes relacionadas