Conde destaca a calidade e o dinamismo do sector comercial de Ribeira
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou a Feira de inverno do pequeno comercio, organizada pola asociación de empresarios da localidade coruñesa
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe a Feira de Inverno do pequeno comercio de Ribeira, un encontro organizado pola asociación de empresarios da localidade coruñesa que alcanza xa a súa oitava edición.
Durante o seu percorrido pola mostra, o conselleiro destacou o dinamismo, variedade e calidade do sector comercial do municipio, apuntando que o comercio de proximidade é un dos principais motores económicos das vilas e cidades galegas, e un dos seus maiores atractivos.