Fabiola García salienta a traxectoria de Aspas no coidado e atención das persoas con discapacidade
2020-02-27
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2020/Febreiro/semana-05/200227 aspas 002c.jpg
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2020
A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou hoxe a traxectoria de Aspas no coidado das persoas con discapacidade. Fíxoo durante unha visita a residencia Juan Vidán Torres que a entidade ten en Santiago de Compostela e que conta con 35 prazas, todas financiadas pola Xunta.
A conselleira destacou a calidade asistencial das súas instalacións que, apuntou, prestan un servizo individualizado e adaptado ás necesidades de cada persoa. Fabiola García sinalou que a través da colaboración con entidades como Aspas, as administracións poden dar unha resposta máis axustada a todas aquelas persoas con discapacidade e ás súas familias.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade