A Xunta lembra que segue aberto o prazo para que as escolas infantís de iniciativa social soliciten axudas para implantar a gratuidade das prazas para segundos fillos e sucesivos
A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou a escola infantil de iniciativa social María Ana, de Celanova
A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe a escola infantil de iniciativa social María Ana, de Celanova. Alí lembrou que, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), continúa aberto o prazo para que estes centros soliciten axudas para implantar a gratuidade das prazas para segundos fillos e sucesivos.
As escolas de iniciativa social terán de prazo ata o vindeiro 7 de marzo para adherirse a esta iniciativa que entrará en vigor o 1 de abril.